Ahora en el aire
play
Inicio NOTICIAS Festigal 2010

Festigal 2010

Ritmos galegos e universais centran a oferta do Festigal 2010

 
Festigal 2010
O Festigal 2010 xa quenta motores para traer a Galiza un abano amplo e enriquecedor de música, letras e ideas da nación galega durante os días 24 e 25 de xullo. O festival, que organiza a Fundación Galiza Sempre e Galiza Nova, xa conta coa programación musical que se poderá escoitar no Campus Sur de Santiago de Compostela.
 
Ritmos galegos e universais centrarán unha oferta musical diversa e actual que, como todos os anos, será de entrada libre e aberta a todos os públicos.

O programa musical previsto é o seguinte:

SÁBADO 24 ás 11 da noite

OS CUCHUFELLOS- Galiza. Cuchufellos é unha banda multicultural afincada na Republica Independente do Macizo Central de Ourense, formada por 10 músicos incontrolábeis, inconformábeis e inclasificábeis.

Trompeta ,saxos ,Baixo,guitarra, ,acordeón e percusión son as súas armas de diversión masiva,que utilizan para cumprir a súa misión: facer de cada concerto unha festa.

Teñen tocado en numerosos festivais galegos e de fóra de Galiza, salientando a súa participación en festivais como Reperkusion, Revenidas, Demandafolk,Son de Meiga, compartindo cartel con grandes nomes do panorama musical estatal.

En 2009 presentan ou seu último traballo Achegaivos fregueses, 11 temas en galego, que van dende os Balcáns até Manzaneda , nunha viaxe cargada de ritmos frenéticos.

http://www.myspace.com/cuchufellos

GALEGOZ – Galiza. Galegoz é xa unha banda consolidada , mantida a base de esforzo , froito da constancia e seguindo un camiñar claro. O proxecto GalegoZ nace no 2005 como un experimento para formar un grupo virtual que fusionara diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo...

Bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas, irreverentes e as veces incluso surrealistas conforman o orixinal son de GalegoZ. Música marxista-electricista, ARANHOTO STYLE! Música para bailar pensada e feita en Galiza. Samplers, loops, percusions, guitarras, ventos e voces, apoiados por vídeo e performance conforman este espectáculo galego multimedia. Unha ciber-verbena electrónica con melodías sinxelas, ventos contundentes, estética circense, actitude punk e tres voces dándolle guerra ó poder e as inxustizas sociais, fuxindo de dogmatismos e sen perder nunca o bo humor...

http://www.myspace.com/galegozstyle

BANDA POTEMKIN – Galiza. Forxada a partir de músicos provenientes de diversas formacións musicais galegas (Os Papaqueixos, 3 Trebóns, Meniños da Rúa...) a proposta desta banda céntrase na variedade de ritmos balcánicos, afro-caribeños, funk, disco, rock e folque, co común denominador de facer música bailábel, leda e divertida que chega a todo o mundo.

http://www.myspace.com/bandapotemkin

SANTA MACAIRO ORKESTAR – Franza. Esta banda francesa caracterízase por alternar nos seus ritmos fanfarria, raíces ska, a velocidade da música balcánica, ruído punk ou o blues de Nova Orleáns. Música vitalista e explosiva impregnada de universalidade e humanismo.

http://www.myspace.com/santamacairoorkestar

 

DOMINGO 25 ás 10 da noite

BELLÓN MACEIRAS QUINTETO –Galiza. Bellón&Maceiras Quinteto achéganos a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, en que a improvisación ten un papel importante. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical en que diversos estilos e ritmos de amálgama se complementan cunha ampla variedade de composicións propias.

A fusión é o sinal de identidade de BM5, e a contribución musical de cada compoñente é a que marca o particular son do grupo. Os músicos teñen total liberdade para expresarse, ceibes de ríxidas faixas estilísticas.

Do seu gusto por mesturar nace o que eles mesmos definen como “espicho”, a introdución de partes dunha melodía coñecida dentro doutra peza.

No seu disco a gaita sae da súa cuncha para interpretar tango, swing, muiñeira, blues, habanera, jazz, samba, valse francés…

Non agarden escoitar un só estilo e gocen coa música.

www.bellonmaceiras.com

 

O´QUESTRADA- Portugal. Na estrada dende 2002, OqueStrada canta Lisboa, pero tamén é unha banda suburbana que sabe das vivencias de Arrantela, da chegada dos alentexanos e algarvíos, das filarmónicas, dos cantares ciganos, de kuduro e funaná, do hard metal e o gótico…No seu Portugal a priferia canta ao mundo, cos pés en Texo e a vista de África, ao son dun fado emigrante que ten desexo de partir para regresar.

http://www.myspace.com/oquestrada

http://www.oquestrada.com/

SUSANA SEIVANE- Galiza. É a herdeira da familia Seivane, unha das familias con máis prestixio e sona dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia.

Comezou a súa andaina musical ó cumprir tres anos de idade. Da man do seu pai Álvaro Seivane e influenciada por mestres gaiteiros como o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. Un estilo xenuíno que está presente na forma de tocar de Susana, pois ela sabe sintetiza-lo estilo "enxebre" dos antergos gaiteiros. Mais ela tamén é quen de crear un estilo propio, abrindo este valioso legado a influencias doutras músicas; para isto rodéase dun elenco de músicos moi novos que aportan frescura e orixinalidade ó seu espectáculo.

Alá polo 1999, vía a luz o meu primeiro traballo discográfico en solitario. Dez anos despois estrea “Os soños que volven”. Susana Seivane define este novo traballo como “as melodías da miña infancia, da miña vida, é como se as levara na alma”.

 

Unha proposta cultural alternativa aberta a todos os públicos

Concibido como unha alternativa aberta a todos públicos, o Festigal -que chega este ano 2010 á súa novena edición- pretende ser un escaparate para a proxección e intercambio cultural a través de diferentes propostas musicais e artísticas. Nas edicións anteriores conseguiu abrirse un oco relevante na oferta cultural galega cun notable éxito de asistencia propiciado por unha grande afluencia de visitantes que acoden a Santiago neses días desde todos os lugares de Galiza e, cada vez en maior número, desde as máis diversas procedencias internacionais.

A estrutura da programación -que se mantivo en todas as edicións- busca dar cabida ao maior número posible de expresións artísticas. Pretende ser un referente na cultura propia de Galiza e unha oportunidade para o intercambio e coñecemento de outras culturas. Acolle artistas de orixe moi diversa e presta especial atención á comunicación cultural con países como Portugal ou Brasil -cos que existen especiais vencellos históricos, lingüísticos e culturais- e con outras realidades do noso entorno sociopolítico e xeográfico (Europa e norte de África).

Mesas redondas, debates, exposicións ou actividades literarias completarán a programación

A programación do Festigal esténdese ao longo de corenta e oito horas e combina as actuacións musicais con actividades literarias, debates, exposicións e proxeccións audiovisuais. Tamén hai espazos para mostras de artesanía galega e asociacións ou diversión para cativos e familias.

O programa completo das dúas xornadas estará proximamente dispoñíbel en www.festigal.com e en facebook.

Última actualización el Martes, 15 de Junio de 2010 16:17  

Escribir un comentario

Código de seguridad
Refescar

Banner
Redes sociales  

LO MÁS VISTO


duo-bodega-tejas-verdes.jpg
Miércoles, 23 Junio 2010
Música en vivo y cantantes espontáneos todos los Más...
coldplay.jpg
Miércoles, 14 Julio 2010
Amaral, Vetusta Morla, Coque Malla, Tulsa, Lovely Luna... Más...
vigo-transforma.jpg
Miércoles, 09 Junio 2010
Standstill, Orbital, Love of Lesbian, Polock... y así hasta Más...
bunbury-3d.jpg
Jueves, 17 Junio 2010
Bunbury dará el primer concierto rodado en directo con Más...

LANZAMIENTOS MUSICALES


mclan-para-no-ver.jpg
Lunes, 06 Septiembre 2010
amy-macdonald-curious.jpg
Lunes, 30 Agosto 2010
celtas-cortos-introversiones.jpg
Lunes, 30 Agosto 2010

Tú haces SIRadio

Vota tu canción favorita - Septiembre
 

Últimos comentarios

Canciones más votadas

Lady GagaAGOSTO 2010

Lady Gaga
"Alejandro"

 

 

kylie-minogue.jpgJULIO 2010

Kylie Minogue
"All the lovers"

 

¿Echas de menos alguna canción en SIRadio?